Esta é nosa Candidatura
43 anos. Técnico especialista en electrónica de consumo. Desenrola a súa
actividade laboral nun comercio local de electricidade e venda de electrodomésticos.
Participou activamente en diferentes colectivos sociais, culturais, educativos
e deportivos.
Comezou a súa militancia política no 99 como membro das Xuventudes
Comunistas. Logo de integrar as diferentes candidaturas de EU dende o 2003, foi
no 2015 cando acadou a acta de concelleiro xunto con Juan Lamelas. Foi
candidato á Alcaldía por primeira vez nas eleccións do 2019 acadando novamente
a acta de concelleiro, esta vez xunto con Ana Cristina Domínguez, converténdose
no actual voceiro do grupo municipal.
Coordinador Local de Esquerda Unida dende o 2017 e membro da Coordinadora
Nacional.
42 anos. Diplomada en Turismo, Máster en Dirección e Xestión de Actividades
Turísticas e Máster de Planificación e Xestión de Destinos e Produtos
Turísticos. Actualmente traballa como Axente de Reservas nunha axencia
maiorista de viaxes.
Ocupou postos nos departamentos de turismo e cultura do Concello do Grove
durante varias temporadas.
Viviu preto de 6 anos na cidade de Hamburgo onde coñeceu as dificultades ás
que se enfrontan os emigrantes, o que fixo que participase activamente no Grupo
de Acción Sindical (GAS) ofrecendo asesoramento aos traballadores de fala
hispana.
Considérase feminista, activista e defensora dos servicios públicos. Xa ten
participado nas candidaturas dende o 2007. Forma parte da Coordinadora Local e
é a actual representante de Esquerda Unida no Consello Local de Turismo.
36 anos. Traballador da conserveira local Bolton Food (Garavilla) na que exerce como delegado sindical de CCOO.
Formouse na especialidade de Técnico Electrónico e no mundo da
interpretación. Foi director da última posta en escena da obra "O señor
Feudal ou quen matou o Meco?", do Grupo de Teatro Mecos. Colaborou impartindo
clases de teatro en diferentes asociacións da vila. Vinculado ao mundo do
deporte, practicou remo, atletismo e fútbol.
É socio da Asociación de comerciantes e creadores Grovemakers e declárase
un admirador do entroido do Grove, participando activamente nel dende moi
cativo.
Membro da Coordinadora Local, participa por primeira vez na candidatura de
Esquerda Unida.
4.- Gonzalo Bea Montenegro.
43 anos. Desenrolou a súa actividade laboral en diversos hoteis de catro estrelas, chegando a ser segundo xefe de recepción. Rexentou un negocio de copas na súa estadía en Barcelona. Participou en varias ocasións en Comités de Empresa.
Comezou a súa actividade política no 99 ao fronte das Xuventudes
Comunistas. Responsable de Organización de Esquerda Unida O Grove, membro da
Executiva Nacional de Esquerda Unida e responsable de Comunicación a nivel
galego.
5.- Dan Grigore
A máis nova do grupo con 19 anos. Fotógrafo, comunicador en redes sociais e Director de Cine. Estudante de Fotografía e Cine. Conta cun premio en fotografía no 2022 e recentemente expuxo a súa colección fotográfica “Ojos Marinos y pensamientos terrenosos” nunha galería local.
Con interese en aportar os seus coñecementos para mellorar os aspectos
culturais e xuvenís do noso concello, participa por primeira vez na candidatura
de Esquerda Unida.
6.- Juan Lamelas Alfonso
41 anos. Empregado de Software.
Comezou a súa militancia política no 99 como membro das Xuventudes
Comunistas, organización na que chegou a exercer responsabilidades a nivel
nacional. Tras formar parte das candidaturas de Esquerda Unida dende o 2003,
encabezou a mesma por primeira vez no 2007 con tan só 25 anos, logrando a acta
de concelleiro e formando parte do goberno cuatripartido, asumindo a
responsabilidade das concellerías de Emprego, Persoal e Xuventude. No seguinte
mandato volveu formar parte da corporación nos dous últimos anos. No 2015 foi
novamente candidato á Alcaldía, obtendo a acta de concelleiro xunto con José A.
Otero. Foi coordinador local ata o 2017 e actualmente forma parte da
coordinadora local. Membro activo do Partido Comunista de Galicia, sendo na
actualidade o Secretario da Área Institucional a nivel nacional e formando
parte do Secretariado do partido. Membro da Coordinadora Nacional de EU.
36 anos. Técnico Superior en Administración e Finanzas. Desenrola a súa actividade laboral na conserveira local Bolton Food (Garavilla).
Participa por primeira vez na candidatura de Esquerda Unida.
8.- José Antonio Vieites Nuñez
39 anos. Técnico en instalacións Frigoríficas e de Climatización. Traballa nunha empresa, con sede en Pontevedra, que desenrola a súa actividade por toda Galicia.
Sindicalista. Vinculado ao tecido asociativo da localidade exerceu como
directivo da Unión SD O Grove ata a presente tempada.
Participa por primeira vez na candidatura de Esquerda Unida.
9.- Jesica Lois García
33 anos. Titulada en ciclo medio de estética e perruquería. Actualmente estudante de Administración e Xestión de Empresas. Participou do tecido cultural e deportivo do Grove.
Participa por primeira vez na candidatura de Esquerda Unida.
10.- Judit Triñanes Lois
43 anos. Actualmente cursando estudos, traballou na hostalería e no sector conserveiro, chegando a ostentar cargos de responsabilidade.
Simpatizante de Esquerda Unida, forma parte das candidaturas de Esquerda
Unida dende o 2015.
11.- Alejo Prieto Caneda
40 anos. Técnico en Administración e en Seguridade Alimentaria. Traballa nunha empresa de elaboración de conxelados. Estivo máis dunha década vinculado ao sector conserveiro da vila.
Participa por
primeira vez nunha candidatura.
12.- Ana Isabel Viso Vázquez
Autónoma xubilada.
Vinculada ao tecido cultural do Grove, participa activamente na asociación
de artistas locais Artegrove, onde ostenta o cargo de secretaria. Socia do
colectivo ecoloxista do Salnés dende hai tres décadas. Colaboradora dende hai
dez anos no Banco de Alimentos Rías Baixas.
Pertence á coordinadora local de Esquerda Unida. Foi representante da
agrupación no Consello Local da Igualdade ata o 2017. É a súa terceira
participación na candidatura.
13.- Ricardo Alvarez Otero.
49 anos. Traballador da conserveira local Bolton Food (Garavilla) dende hai 27 anos. Membro do comité de empresa dende 2007 e actualmente Presidente do Comité de Bolton Food. Membro da Executiva da Federación de Industria de CCOO Arousa e Responsable do sector Conserveiro dentro da Federación de CCOO de Industria de Galicia. Negociador do Convenio de Conserva a nivel estatal.
Participa por segunda vez na candidatura de Esquerda Unida.
14.- María Isabel Montenegro Fontoira.
67 anos. Xubilada. Exerceu a súa carreira profesional como Camareira de Pisos no Gran Hotel da Toxa, onde formou parte do Comité de Empresa. Activista en defensa dos dereitos das Camareiras de Piso a través da asociación Kellys Unión Galicia.
Participou como poñente na xornada “A loita das mulleres no marco do
mercado laboral: dereitos e empoderamento no sector turístico” no Parlamento
Europeo.
Simpatizante de Esquerda Unida forma parte da candidatura por terceira vez.
15.- Patricia Vilar Pérez
47 anos. Mestra de castelán para estranxeiros nunha academia local. Imparte clases de apoio en Matemáticas e Física e Química. Cursou estudos de Física, Meteoroloxía e Medio Ambiente.
Participa e colabora en diferentes actividades e colectivos
sociais e culturais.
Participa por terceira vez na candidatura de Esquerda Unida.
16.- Alberto Triñanes Filgueira.
34 anos. Graduado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa nunha compañía Offshore.
Vinculado ao tecido cultural do Grove, foi vicepresidente da Asociación
Cultural e Xuvenil Enxebre.
Participa por primeira vez na
candidatura de Esquerda Unida.
17.- Ana Cristina Domínguez Domínguez
42 anos. Técnica en Xestión Administrativa. Traballa nunha asesoría fiscal e contable na súa vila de residencia. Participou do tecido cultural do Grove a través do grupo de baile tradicional Paradanda e do grupo de Teatro Mecos.
Participa nas candidaturas de Esquerda Unida dende 2015 e no 2019 logrou a
acta de concelleira xunto con José A. Otero, formando o actual grupo municipal
na corporación. Forma parte da Coordinadora Local dende 2017, asumindo a
responsabilidade da Área de Muller. Representa á nosa formación no Consello
Local da Igualdade.
Suplente 1.- José Antonio Gondar Triñanes
62 anos. Pensionista. Sindicalista dende os 19 anos, desenvolveu a súa actividade sindical no comité de empresa nunha conserveira da localidade. Ex-membro do Consello Nacional de Galicia de Pensionistas e Xubilados de CCOO. Membro da executiva da Unión Comarcal de Arousa de Pensionistas e Xubilados de CCOO. Activista en defensa das Pensións Públicas. Participa na Coordinadora Local de Esquerda Unida dende o 2017. É a segunda vez que participa na candidatura.
Suplente 2.- Elvira Varela Gondar.
78 anos. Xubilada
Militante de Esquerda Unida, formou parte das candidaturas en numerosas
ocasións.
Suplente 3.- José Antonio Taboada Magdalena
69 anos. Xubilado, traballou no Casino La Toja, formando parte do comité de empresa por CCOO.
Presentouse como candidato á Alcaldía en 1999 e 2011, resultando
concelleiro electo na última ocasión. Anteriormente foi concelleiro no mandato
2003-2007 logo de substituír a Xan Caneda. Foi responsable local de Esquerda
Unida e membro da coordinadora local. Militante do Partido Comunista, foi
membro da executiva comarcal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario