URBANISMO, VIVENDA E MEDIO AMBIENTE
- Revisar a situación na que se atopa o PXOM e resolver as discrepancias que impiden a súa aprobación definitiva.
- Inflexibilidade coas irregularidades urbanísticas.
- Plans de inversións para melloras nos barrios.
- Estudar e procurar a construción dun aparcadoiro subterráneo na zona do Corgo.
- Implantación das empresas nun polígono industrial onde as condicións sanitarias e ambientais estean controladas e vixiadas constantemente.
- Creación e posta en marcha dunha Empresa Municipal de Vivenda e Solo.
- Posta en funcionamento dunha Bolsa de Alugueiro que xestione a oferta e a demanda de vivenda en réxime de arrendamento.
- Plan de rehabilitación de vivendas usadas, con fondos europeos e/ou rexionais, co obxecto de mellorar o parque de vivendas e reorientar o emprego da construción.
- Oposición radical aos desafiuzamentos, ofrecendo toda a axuda a posibles casos que xurdan na vila.
- Buscar posibilidade de convenios entre Xunta, Concello e propietarios de vivendas en situación de deterioro ou ruinosas para a rehabilitación e utilización como vivendas sociais, casas de acollida, albergues ou zonas de ocio, xuvenil ou cultural.
- Traballar na viabilidade dun Plan integral en Peralto, para a rehabilitación de vivendas deshabitadas, encamiñado a fomentar a implantación dunha zona comercial artesán.
- Crear e potenciar unha oficina de información medioambiental.
- Elaboración dun Plan Integral de Educación Ambiental.
- Mellorar e potenciar os espazos verdes do concello.
- Utilizar o medio ambiente como novo xacemento de emprego (xardineiros, medición de emisións, cooperativas de reciclaxe,...).
- Fomentar o uso de enerxías renovables por parte das empresas.
- Seguir coas campañas de reciclaxe. Buscar fórmulas para aumentar o reciclaxe nos negocios de restauración e hoteleiros.
- Control do uso racional da auga.
- Recuperación e potenciación das fontes de auga natural, regatos e lagoas.
- Apoio á inclusión de liñas de produtos ecolóxicos nos establecementos, comedores escolares e nos servizos municipais.
- Potenciación da actividade agrícola sostible. Favorecer a agricultura ecolóxica mediante a creación de puntos de venta ou mercados.
- Rexeitamento rotundo aos proxectos agresivos contra os paraxes naturais, como pode ser o campo de golf ou urbanizacións incontroladas.
- Elaboración dun plan de recuperación do litoral entre Virxe das Mareas e Cantodorxo (Rons, Conroibo...) que contemple a correcta canalización e ocultación das emisións das depuradoras e construción dun emisario; soterramento das liñas eléctricas, acondicionamento das fachadas das depuradoras, plantación de pantallas vexetais, redistribución dos accesos e aparcamentos, e posta en valor dos xacementos arqueolóxicos (castro e necrópole).
- Implantar tratamentos terciarios en todas as depuradoras e vixilancia estrita dos verteduras.
- Recuperación ambiental das canteiras con criterios ecolóxicos e respectando a fauna asociada.
- Instalación de sacos de grandes dimensións en diferentes areais e puntos da costa para a recollida e xestión do lixo mariño en base á proposta realizada por EU e aprobada en pleno.
- Continuar coa implantación e potenciación do servizo de compostaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario