- Contratación dun Técnico/a de Turismo que poña en marcha un Plan de Desenvolvemento Turístico.
- Dotar a oficina de Turismo de medios e recursos necesarios para un mellor desenvolvemento da súa actividade.
- Estruturar e desenvolver campañas de promoción e "marketing" con material promocional actualizado, creando un calendario anual de accións promocionais e participación en feiras.
- Buscar un novo modelo de funcionamento e financiamento para a Festa do Marisco e traballar na declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.
- Creación de produtos turísticos aproveitando os recursos patrimoniais e naturais da nosa vila.
- Por en valor e dar continuidade a proxectos e inciativas xa existentes como o Proxecto Pío, Ruta do Padre Sarmiento e a Ruta Xacobea Mar de Arousa.
- Plan de potenciación e revitalización da Illa da Toxa.
- Mantemento das infraestructuras e coidado do entorno do Grove, as súas paisaxes e riquezas: Monte Central da Toxa, Monte Siradella, Miradoiro Con da Hedra, Zona San Vicente do Mar, Zona Moreiras, Sendeiros, Castro da Siradella, Adro Vello, Cantodorxo…
- Fomentar e potenciar o turismo no rural fundamentado na sustentabilidade e no turismo verde
- Traballar nas melloras para os diferentes areais: procurar a Q de calidade na maioría. Potenciar os areais libres de fume e as praias caninas.
- Modificación e adaptación da ordenanza de terrazas co consenso dos sectores implicados e aplicación da mesma para a convivencia entre os establecementos e a veciñanza.
- Impulsar as festividades locais: Festa do Marisco, Entroido, Festa do Carme, Festa da Salazón, San Martiño, San Vicente, Nadal, Magosto…
- Mar como reclamo turístico: Exposicións permanentes sobre o marisqueo, ampliable á realización de rutas para mostrar o proceso. Rutas en barcos de batea adaptados para ver o proceso de recollida e limpeza do mexillón, implicando aos participantes no desenvolvemento dos diferentes procesos. Realizar talleres formativo-lúdicos de Colareiras, redeiras e diferentes motivos mariñeiros.
- Musealizar a Salgadeira de Moreiras e contratación de persoal.
- Proxecto de musealización de Adro Vello, estudo do impacto e a viabilidade das actuacións que se realicen na zona.
- Traballar na creación dunha ruta de museos e tickets unificados. Implicar aos factores públicos e privados na iniciativa: Museo da Salga, Acuario, Centro de Interpretación da Natureza, Tenda-museo de xabóns La Toja, Quinteiro de Temperán...).
- Elaboración dun Proxecto Deportivo Municipal que procure o fomento do deporte como alternativa turística e de ocio na vila. Promover convenios cos clubs deportivos e asociacións deportivas para a participación de visitantes e turistas nos adestramentos e/ou eventos ao marxe das competicións oficiais.
- Poñer en marcha un servizo municipal de alugueiro de bicicletas como alternativa aos desprazamentos en vehículos a motor reducindo as emisións de CO2
- Crear unha ordenanza de Autocaravanas en consenso co sector autocaravanista para garantir unha correcta convivencia.
- Estudo da capacidade de carga do Grove para detectar as zonas en risco e poder adiantarnos a futuros problemas de masificación
UN CONCELLO TURÍSTICO
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Peche de Campaña
Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...

-
Rodeados da militancia, simpatizantes e familiares, a agrupación local de Esquerda Unida presentou a candidatura coa que concorrerá ás ele...
-
Noticia no seu formato orixinal: Diario de Arousa José Antonio Otero | “Se Cacabelos precisa un goberno de coalición non o vamos a apoiar” ...
-
Este venres 19 de maio, ás 20.00 horas, estaremos no local da AAVV de Virxe das Mareas para realizar unha charla-coloquio coa veciñanza da...
Ningún comentario:
Publicar un comentario