- Crear o observatorio de Igualdade de Oportunidades, como órgano fundamental para realizar unha análise e seguimento da evolución da sociedade, estudar as posibles desigualdades sociais, así como avaliar a situación dos colectivos en risco de exclusión social.
- Aprobación e execución do III Plan de Igualdade.
- Ampliar os recursos humanos, técnicos e materiais, destinados ao desenvolvemento de políticas de igualdade activas, integrais e participativas.
- Levar a cabo programas de formación en Igualdade para o Servizo da Policía Local e Emerxencias.
- Promover a arquitectura de xénero nas obras públicas.
- Procurar un Consello Local da Igualdade máis aberto á cidadanía e con carácter decisorio.
- Mellorar a información á cidadanía mostrando o traballo que se realiza dende o Centro de Información á Muller e o Consello Local da Igualdade.
- Crear un caixa de correo feminista.
- Implantar actividades escolares e familiares complementarias para potenciar os valores non sexistas e traballar dende a infancia por unha sociedade xusta e igualitaria.
- Crear un departamento permanente sobre a violencia de xénero e dotar de medios materiais o servizo de prevención.
- Creación de “Espazos Seguros” ou “Puntos Morados” para as mulleres durante as festas e espectáculos masivos (Festa do Marisco, Festa do Carme, Entroido…). Elaboración dos protocolos en colaboración co CIM e o Consello Local da Igualdade.
- Realizar un catálogo municipal de “puntos negros” de seguridade peonil en colaboración coa cidadanía, co CLI e cos sectores educativos, culturais, xuvenís e deportivos do Grove, poñendo as experiencias das mullerescomo eixo central. Arranxar, eliminar ou iluminar os tramos de titularidade municipal que se inclúan nese catálogo e instar ás institucións correspondentes a realizar a mesma tarefa nas zonas da súa competencia.
- Elaborar protocolos de actuación contra as violencias machistas dentro do Concello, de forma que o persoal acceda a formación continua que lle permita previr, detectar e atender as violencias machistas dentro das súas competencias profesionais; que contemplen o apoio explícito ás vítimas de violencias machistas dentro da institución e que permitan tamén actuar fronte ao agresor, no caso de que pertenza á institución.
- Cursos de protocolo de actuación ante agresións sexuais para os locais de ocio nocturno e restauración.
- Eliminar a publicidade sexista que discrimina e atenta contra a dignidade das mulleres en soportes publicitarios, publicacións ou transportes públicos, así como, non permitir contratos públicos con medios de comunicación nos que manteñan publicidade relacionada coa prostitución ou pornografía, que deshumaniza e converte a6s mulleres en mercadorías facilitando a proliferación de mafias e proxenetismo.
- Posta en marcha de programas culturais, educativos, de ocio e tempo libre que traballen pola eliminación dos estereotipos de xénero.
- Impedir que na programación municipal de actividades sociais, culturais, lúdicas, deportivas, festivas e de toda índole haxa contidos sexistas que atenten contra a dignidade das mulleres, que non se favoreza dende a institución a hipersexualización e a cosificación das mulleres en espectáculos públicos.
- Mellorar a visibilidade da aportación das mulleres ao avance social, a través do seu recoñecemento en nomes de rúas, prazas e espazos públicos.
- Espazo específico na Carta de Servizos Municipal.
UN CONCELLO FEMINISTA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Peche de Campaña
Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...

-
Rodeados da militancia, simpatizantes e familiares, a agrupación local de Esquerda Unida presentou a candidatura coa que concorrerá ás ele...
-
Este venres 19 de maio, ás 20.00 horas, estaremos no local da AAVV de Virxe das Mareas para realizar unha charla-coloquio coa veciñanza da...
-
Este sábado 13 de maio, ás 20.00 horas, estaremos na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder para realizar unha charla-coloquio coa veciñanza ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario