DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, XESTIÓN DOS GASTOS E INGRESOS E EMPREGO
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
- Impulsar procesos de Auditoría Cidadá Municipal da Débeda e as Políticas Públicas para identificar e analizar aquelas políticas municipais que puidesen ter un impacto negativo sobre a cidadanía, non só de tipo económico (efectos sobre o nivel de endebedamento, inversión, ou emprego, por exemplo), senón tamén de tipo social, medioambiental ou de xénero. Estudar as malas prácticas que xeraron estes impactos negativos permitirá tomar medidas que impidan a súa repetición no futuro.
- Creación do Consello Económico e Social.
- Plans de investimento local, con financiamento propio e doutras administracións, dirixidos a cambiar o modelo de desenvolvemento: eficiencia enerxética, medio ambiente, mellora das infraestruturas do servizo de auga, servizos sociais e perspectiva de xénero.
- Medidas municipais anticrise, que incidirán nos seguintes aspectos: progresividade fiscal, axuda para os colectivos con menos recursos, control do gasto (especialmente nos protocolarios), centralización das compras e contratacións, eficiencia enerxética, facilidades no pago de débedas co concello, potenciación do público,...
- Impulsar Plans de Dinamización Económica para incentivar o comercio local e as actividades empresariais que desenvolvan o sector industrial, agrícola, gandeiro e pesqueiro e que teñan como eixo fundamental a sustentabilidade, onde as actividades humanas se desenvolvan con pleno respecto ao resto da natureza.
- Plan de apoio municipal ao pequeno e mediano autónomo, especialmente aqueles que supoñen un valor engadido dende o punto de vista social e ecolóxico.
- Plan de apoio ao pequeno e mediano comercio, co apoio das administracións aos diferentes colectivos de comerciantes. Este plan incidirá na revitalización comercial local fronte á oferta das grandes superficies e vendas online, potenciando unha estrutura de vila que favoreza o uso dos espazos públicos para o paseo, o lecer e as compras.
- Potenciar o turismo local, comarcal e provincial a través de plans e accións específicas, que aglutinen os principais recursos locais e a súa contorna: cultura (festivais, festividades, patrimonio, centros culturais, Cipes, Centro de Interpretación da Natureza, Adro Vello, Castro da Siradella, Cantodorxo...); espazos naturais (sendas verdes, paraxes, Monte Siradella, Miradoiro Con da Hedra, Monte Central da Toxa...); vila do comercio, gastronomía... Potenciar unha imaxe do Grove aparellada a un modelo de vila moderna, solidaria, alternativa e ecolóxica.
- Incentivos públicos a aqueles proxectos que se consideren de interese económico municipal, por creación de emprego ou reactivación da actividade económica.
- Fomento da economía social e do cooperativismo como forma de desenvolvemento propio, aplicando un réxime de subvención e axudas económicas, así como apoio técnico. Promoverase o coñecemento das cooperativas de traballo e sociedades laborais.
- Incentivar especialmente ás empresas con participación maioritaria de mulleres.
- Plan de desenvolvemento económico e social dos barrios e zonas máis desfavorecidas da vila.
- Promover a produción e consumo de produtos naturais ecolóxicos e a agricultura ecolóxica e de proximidade.
- Promover o mercado municipal como garantía de calidade dos produtos do mar, agricultura,...
- Actividades de promoción do comercio xusto, entendendo por tal aquel que comercializa con respecto das condicións dos traballadores, do medio ambiente e da igualdade de xénero. Neste sentido, os produtos que se consuman ou vendan nas dependencias municipais seleccionaranse dando preferencia aos elaborados con criterios de comercio xusto.
XESTIÓN
DO GASTO. ORZAMENTO
- Aprobación anual de orzamentos en tempo e forma, con recursos suficientes para facer fronte aos servizos públicos municipais.
- Orzamentos partícipes coa cidadanía a título individual e asociada, tanto no proceso de elaboración, como no de execución, establecendo mecanismos de prioridades e indicadores de seguimento.
- Carácter progresivo dos orzamentos, atendendo ás necesidades sociais e buscando efectos dinamizadores sobre a economía local.
- Prioridade dos gastos municipais naquelas partidas relacionadas cos servizos sociais, servizos básicos cidadáns e mantemento e creación de emprego, tanto directo como indirecto.
- Transparencia pública na xestión e desenvolvemento dos orzamentos, establecendo mecanismos de control e información claros e accesibles, utilizando para eles distintas vías: internet, reunións de control, servizos de información,...
- Diminuír ao máximo a realización de gastos sen control orzamentario, que dan lugar posteriormente a recoñecemento de créditos extraxudiciais.
- Reducir e mellorar o prazo dos pagos a provedores, pequenos empresarios e subvencións a entidades.
- Diminución e racionalización dos gastos en publicidade institucional, obsequios e outros gastos protocolarios.
- Políticas de diminución e racionalización de gastos de mantemento; telefonía, auga, electricidade, combustible,...
- Diminución na edición de folletos, carteis, trípticos e resto de formatos en papel, potenciando a utilización das páxinas web, os medios telemáticos e os medios audiovisuais.
- Tendencia á utilización exclusiva dos medios telemáticos nas comunicacións internas do Concello, restrinxindo ao máximo o uso do papel.
- Control das contratacións directas e a tramitación dos gastos menores.
- Control exhaustivo na adquisición de material funxible por parte das distintas unidades administrativas.
- Continuar co plan de aforro e eficiencia enerxética en edificios municipais e iluminación exterior da vila.
- Elaboración dun regulamento interno sobre normas de comportamento de aforro e eficiencia enerxética que se enviará como circular interna a todos os departamentos administrativos e laborais e que serán de obrigado cumprimento polos empregados públicos.
- Xestión eficiente dos gastos de persoal, controlando mediante comisións técnicas os gastos en produtividades, horas extraordinarias, indemnizacións,... tendendo á repartición de traballo como método máis eficiente e xusto.
- Contratos de confirming con entidades crediticias, co fin de permitir o pago máis áxil a pequenos provedores.
- Destinar o 1% do orzamento municipal á creación de programas de axuda e cooperación.
- Convocatoria anual de subvencións destinadas ás actividades das asociacións deportivas, culturais, xuvenís,…
XESTIÓN
DE INGRESOS. TAXAS E IMPOSTOS
Avanzar,
dentro das marxes legais, na modificación da estrutura fiscal municipal, co
obxecto de levar a cabo unha política de redistribución da riqueza e de
ampliación de criterios ambientais. Medidas:
- Reforma do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) para incluír unha escala progresiva que faga máis xusto o tributo. Quen teña a propiedade dun gran palacio debe pagar unha porcentaxe máis elevada que unha vivenda dunha familia traballadora.
- Revisar e eliminar as exencións e bonificacións fiscais que permiten a quen teñan a propiedade de determinados inmobles non pagar o IBI. Especialmente no caso de inmobles da Igrexa non relacionados coas actividades de culto protexidas polo vixente Concordato coa Igrexa Católica.
- Recargo no IBI ás vivendas baleiras co obxecto de incentivar o mercado de vivendas en aluguer.
- Eliminación de bonificacións no Imposto de Actividades Económicas (IAE), ás empresas que facturaron máis de 1 millón de euros no ano anterior.
- Imposto de construción e obras. Bonificación
por obras de rehabilitación, especialmente de edificios con algún grao de
protección patrimonial; bonificación en obras de xeración eléctrica ou de auga
a través de enerxías renovables –solar e eólica–, así como obras de
accesibilidade ou de adaptación para discapacitados.
- Plusvalía. Gravar as
transaccións especulativas de inmobles; bonificar a herdanza de vivenda
habitual ou negocio familiar entre familiares.
- Reformar o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica para facelo máis progresivo eliminando bonificacións e exencións das que se benefician vehículos de alta gama e incluír criterios medioambientais establecendo bonificacións e exencións a vehículos menos contaminantes.
- Avanzar en novas figuras impositivas que gravan o uso do chan, o subsolo, voo, espazo radioeléctrico, a banca…
- Taxas e prezos públicos. Establecer criterios de renda e situación de desemprego para bonificar e subvencionar as taxas e prezos públicos dos servizos municipais; axuda a domicilio, servizos deportivos, servizos educativos, auga, lixo, transporte público,...
- Creación dun novo modelo impositivo, que permita pagar menos ás familias con baixos ingresos, así como aos parados e paradas, e recadar máis dos que obteñen rendas maiores.
- Implementar unha taxa a grandes comercios online que realizan entrega no domicilio (a coñecida como 'taxa Amazon') que se aplicará a operadores postais que facturen máis dun millón de euros en entregas a domicilio. A taxa gravará o uso do espazo público que ocupan os vehículos ao realizar a entrega e regula una utilización das cidades que prexudica ao comercio tradicional con respecto do "e-comerce" xa que aquel paga outros impostos como o IBI por ter un local físico. Acentuar criterios ambientais no consumo de auga, de tal maneira que se grave máis a quen máis gaste, sempre tendo en conta o número de membros da unidade familiar.
- Actualizar a taxa por ocupación de caixeiros
automáticos na vía pública así como a de
utilización de estacionamento privado na vía pública.
- Actualización anual dos impostos e taxas municipais ao IPC, co fin de poder facer fronte aos servizos municipais.
- Incluír cláusulas sociais nas ordenanzas fiscais que eximan do pago a persoas en risco de exclusión social.
- Mellorar os sistemas de adianto de pagos, tanto para contribuíntes individuais como autónomos e pequenas empresas, para o pago de débedas tributarias co Consistorio, ante situacións de dificultade económica.
- Ofrecer a posibilidade de fraccionar os pagos das taxas (IBI, lixo, auga, imposto circulación, vaos, …) de forma mensual, trimestral, semestral ou anual segundo decidan os propios veciños. Estes fraccionamentos non deben supoñer un incremento no pago.
POLÍTICAS
ACTIVAS DE EMPREGO
- Elaboración dun Plan municipal de desenvolvemento local, que camiñe cara a un novo modelo, fomentando novos xacementos de emprego desde o punto de vista da sustentabilidade económica, social e ambiental, así como a perspectiva de xénero, como poden ser os servizos ligados ao desenvolvemento da lei da dependencia, actividades culturais, enerxías renovables, novas tecnoloxías, investigación civil, agricultura ecolóxica, turismo,...
- Concorrer aos diversos plans de emprego convocados dende a Xunta e outras administracións, co obxectivo de que sirvan, non só para atopar un emprego temporal, senón para adquirir unha formación suficiente para integrarse no mercado laboral. A selección nestes plans farase con absoluta transparencia e con participación dos sindicatos, empresarios e formacións políticas.
- Apoio aos emprendedores, pequenos autónomos e PEMES, base importante da economía local do noso concello. Potenciar ao pequeno e mediano comercio como forma de manter cohesión social.
- Potenciar as políticas activas de emprego, a través da Axencia Municipal de Emprego, en coordinación co Servizo Público de Emprego. Realizaranse seguimentos dos demandantes a través de itinerarios personalizados
- Políticas de contratación dirixidas a colectivos máis desfavorecidos: Parados de longa duración, mulleres, mocidade, inmigrantes, vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos...
- Pleno desenvolvemento, extensión e creación de Escolas Taller e Casas de Oficios, como instrumento de inserción xuvenil, mellora da cualificación profesional e apoio á conservación do patrimonio público.
- Aposta e procura de novos xacementos de emprego.
- Incluír cláusulas sociais nas licitacións das administracións públicas, dando prioridade ás pequenas empresas e autónomos locais, así como á creación de emprego, especialmente estable.
- Introducir a perspectiva de xénero en todas as políticas de emprego do Concello. Incluír cotas mínimas para as mulleres nos diferentes plans de emprego e formación.
- Fomentar as cooperativas para realizar servizos públicos.
- Fomentar o turismo rural como fonte de emprego, a través de explotacións gandeiras, cultivos ecolóxicos, labores de campesiñado laboral, etc.
- Incluír cláusulas referidas ao salario e cumprimento das normas de seguridade dos traballadores de contratas polo Concello, así como a cláusula de subrogación.
- Rexeitamento ás contratacións por parte do Concello a través de Empresas de Traballo Temporal.
- Campañas contra a discriminación laboral entre homes e mulleres.
- Aprobar un Plan de Emprego Local que inclúa o desenvolvemento de maneira directa de actividades sociais e ecoloxicamente útiles para o noso concello a través de organismos autónomos ou empresas públicas.
- Utilizar mecanismos de colaboración público-social con
cooperativas e empresas da economía social para a
xestión de determinadas actividades e servizos municipais.
- Implementar o uso de cláusulas sociais na contratación
pública para incorporar como criterio de
adxudicación a igualdade, accesibilidade, seguridade, saúde laboral,
estabilidade no emprego, formación no lugar de traballo, conciliación familiar,
protección do medio ambiente e respecto dos dereitos humanos.
- Creación dunha normativa que penalice ás empresas con altos graos de eventualidade nas relacións comerciais, ou contratacións de obras ou servizos, co concello.
- Formación Profesional:
- Crear o Centro FP de Hostalería e Centro de Investigación e Desenvolvemento Turístico nos que se inclúan estudos para desestacionalizar. I+D tecnolóxico, formación, cursos a nivel galego,...
- Ampliar a oferta de FP no IES Monte da Vila equiparando ou mellorando o número de ciclos ofertados polos concellos limítrofes (no Grove só se imparte un). Solicitar ciclos para o noso concello relacionados co tecido produtivo (hostalería, conserva, mar, frío, novas tecnoloxías,...)
EMPREGO
PÚBLICO
- Ofertas de emprego público periódicas para cubrir os servizos que o Concello presta á cidadanía, así como novos servizos que sexan necesarios.
- Negociar e executar a Relación de Postos de Traballo (RPT) dotándoa de orzamentos.
- Actualizar as bases da bolsa de emprego, adaptándoas ás necesidades reais do concello.
- Apoiar e impulsar as pequenas explotacións de agricultura ecolóxica.
- Reducir ao máximo as horas extraordinarias, substituíndoas, sempre que sexa posible, pola creación de emprego.
- Potenciar as empresas públicas como garantía de bo servizo e emprego estable e profesional.
- Cumprimento efectivo da porcentaxe mínima do 7% de prazas do total da oferta pública anual para discapacitados, para diversas categorías, incluídas as máis altas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario