UN CONCELLO PARA CRECER

INFANCIA, MOCIDADE E EDUCACIÓN

  • Escola Infantil de Rons. Desbloquear o expediente de desafectación dos terreos de Rons para esixir á Xunta de Galicia a ampliación da Galiña Azul, co propósito de garantir o maior número de prazas de 0-3 anos. Así mesmo, esixir a apertura permanente da escola no mes de agosto, sen necesidade de xustificalo anualmente.
  • Realizar políticas para fomentar un concello igualitario desde a infancia
  • Deseñar os espazos infantís coparticipados polas nenas e os nenos.
  • Creación do Consello Municipal da Infancia.
  • Traballar para lograr o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia (UNICEF)
  • Realizar charlas de formación para pais e nais sobre a educación dos seus fillos e fillas.
  • Unirse ao proxecto APEGO. Un concello que fomenta e mellora a transmisión do galego como lingua inicial.
  • Procurar unha ampliación das axudas por nacemento de fillos/as.
  • Garantir a conciliación nas épocas vacacionais (Semana Santa, Verán e Nadal) con campamentos e/ou espazos de ocio e procurar ampliar a oferta a días e horarios non lectivos (festividades escolares, tardes, fins de semana), a través do Plan Corresponsables promovido polo Ministerio de Igualdade.
  • Impulsar a posta en marcha do Consello Local da Mocidade que teña entre as súas funcións a elaboración dun Plan Municipal da Mocidade de maneira participativa.
  • Converter a antiga Escola Infantil do Monte da vila nunha Casa da Mocidade, tal e como se aprobou en Pleno a instancia de Esquerda Unida, e xerar máis espazos xuvenís municipais co propósito de favorecer a rede asociativa xuvenil.
  • Dinamización da Oficina de Información Xuvenil.
  • Fomentar o asociacionismo xuvenil e apoiar aos colectivos xuvenís con subvencións e axudas para as súas actividades.
  • Abrir espazos para o ocio alternativo nocturno, implicando directamente aos máis novos no deseño destes programas.
  • Aposta polo cooperativismo como medida de xeración de emprego entre a xuventude.
  • Promover actividades de información e orientación coordinadas cos IES e encamiñadas a fomentar os hábitos saudables.
  • Peches temporais de determinadas rúas ao tráfico (días festivos por exemplo) para o desfrute da cidadanía e, en particular de nenos, nenas e adolescentes.
  • Creación dunha bolsa de emprego xuvenil municipal con programas específicos que faciliten o seu acceso. 
  • Xerar laboratorios de participación xuvenil nun marco autoxestionado que contemple todos os ámbitos locais:
    • Locais e recursos compartidos.
    • Portelo único xuvenil que promova unha información integral e organizada.
    • Espazos de experimentación cultural e de ocio.
  • Desenvolver servizos destinados á promoción da saúde no ámbito da mocidade que ao menos contemplen:
    • Relacións afectivo-sexuais.
    • Atención á redución de riscos (sexualidade, drogas...).
    • Atención eficaz, gratuíta e diferenciada a problemas psico-sociais da mocidade.
  • Garantir o protagonismo da mocidade co análise e decisión de todas as cuestións que lles afecten.
  • Prohibición de concesións de autorizacións de xogo para casas de apostas presenciais.
  • Facilitar o acceso e a produción de cultura á poboación moza, proporcionando espazos equipados para a creación artística, como locais de ensaio, talleres ou estudos.
  • Establecer programas participativos para que a mocidade poida decidir e empregar recursos públicos, como equipamentos municipais ou espazos autoxestionados, e desenvolver actividades de ocio que satisfagan tanto as súas necesidades de ocio diúrnas e nocturnas, de maneira saudable.
  • Realización de Plans municipais contra hábitos de consumo e dependencias de sustancias tóxicas.
  • Abrir unidades de atención á saúde mental nos centros de saúde locais, financiadas a través da colaboración entre concello e Xunta, que conten con persoal especializado, con formación en perspectiva de xénero, ludopatía, drogadicción e outras adicións, en psicoloxía infantil e adolescente. 
  • Poñer en funcionamento o Consello Local Escolar.
  • Crear unha comisión de absentismo escolar e unha unidade de atención, apoio e mediación familiar.
  • Ofrecer dende o Concello reforzo escolar para familias sen recursos.
  • Solicitar á Xunta e Deputación plans anuais de investimento para os centros educativos e prestar unha atención especial ás súas necesidades con dotación orzamentaria municipal para o mantemento e mellora dos mesmos (ventás, tellados, fachadas, aseos, seguridade...).
  • Arranxar e adecuar todos os parques escolares e realizar un mantemento permanente.
  • Procurar comedores escolares e plan madruga en todos os centros educativos con axudas a familias en risco. Fomentar nos mesmos o consumo de alimentos procedentes de agricultura ecolóxica e do comercio xusto.
  • Procurar unha mellora nas axudas para os libros e material escolar.
  • Axudas a ANPAS e entidades de centros escolares; dando preferencia a proxectos sobre educación ambiental, para a saúde, afectivo sexual, intercultural, dereitos humanos,...
  • Traballar para a implantación dun maior número de módulos FP para os institutos.
  • Ampliar o horario das bibliotecas en épocas de exames. 
  • Traballar de cara a unha mellora no servizo de transporte escolar e que se cumpran os convenios establecidos coa Xunta de Galicia. Procurar unha liña de transporte para os alumnos de San Vicente que cursan estudos no Monte da Vila.
  • Garantir a seguridade nos accesos aos centros educativos e nas paradas de autobús que o precisen.
  • Proxecto “Camiños Seguros ao Cole”. Profundar na súa ampliación e seguimento.
  • Aproveitamento dos equipamentos escolares en horario non lectivo para a realización de actividades (campamentos, ludotecas,…).
  • Organizar Xornadas Municipais de Educación, en colaboración coa comunidade educativa, de carácter anual.
  • Programación de actividades conmemorativas: Os dereitos da Infancia, Día da Paz, Día da Muller, Día do Libro, Día da Familia,…
  • Promover certames nos centros educativos que fomenten hábitos saudables: O Grove sen coche, a auga, espazos sen fume, importancia da reciclaxe,…
  • Implantar formación de adultos a nivel municipal: ESO, Bacharelato e Universidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Peche de Campaña

Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...