CULTURA, PATRIMONIO E LINGUA
- Poñer en marcha o Consello Local da Cultura que teña entre as súas funcións a elaboración dun Plan Municipal de Cultura de maneira participativa.
- Planificar a adecuada difusión das actividades culturais.
- Procura dun incremento gradual das subvencións municipais ás asociacións culturais.
- Dinamización das instalacións culturais (actividades, mellores horarios,...) e mellora dos medios materiais que o concello facilita ás asociacións (palcos, equipo de son...).
- Facilitar residencias artísticas tanto de artistas e agrupacións locais como foráneas.
- Dinamizar e impulsar o Entroido grovense coa intención de conseguir a declaración de Ben de Interese Turístico Galego. Mellorar as diferentes actividades desenvolvidas neses días (xoves Compadres e Comadres e outras ceas, Festival de Comparsas, Festivais Infantís, Desfile do Martes, Entroido de San Vicente, Enterro da Sardiña, Queima do Vimbio...).
- Promover e apoiar economicamente os intercambios culturais nacionais, estatais e internacionais entre asociacións.
- Impulsar anualmente unha semana/mes cultural (actividades, concertos, monólogos, cine, xogos...) implicando a todas as asociacións do Grove a desenvolver en diferentes rúas e barrios.
- Organizar/promover feiras de Culturas e artesanías; nacional, estatal, internacional.
- Promover e potenciar as festas tradicionais galegas; Festa dos Maios, Samaín, Magosto...
- Organizar charlas coloquio de diferentes temáticas.
- Potenciar o Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, impulsar a súa figura e traballar para lograr que se lle dedique o Día das Letras Galegas.
- Organizar certames de narrativa e poesía en galego para novos autores e promover encontros de escritores e poetas en galego.
- Dotar ás bibliotecas con todas as publicacións referentes a O Grove así como publicacións de escritores ou editoriais locais e adecuar os horarios ás necesidades dos usuarios (estudantes).
- Incluír O Grove dentro da rede de feiras do libro da Xunta de Galicia e promover, así mesmo, feiras de libros de segunda man.
- Impulsar a creación de clubs de lectura en galego.
- Potenciar o Premio Ernesto Goday de pintura e impulsar novos certames de pintura.
- Impulsar a pintura ao aire libre e a arte mural.
- Apoio á creación artística local, mediante subvencións, premios, publicacións,...
- Creación e promoción dunha ruta escultórica.
- Promover certames de teatro afeccionado e teatro na rúa exclusivamente en galego.
- Habilitar espazos municipais para o ensaio de grupos e bandas musicais do concello.
- Promover foliadas de música tradicional.
- Impulsar ciclos de cinefórum e cine en galego na rúa.
- Poñer en funcionamento a Mesa de Cultura e Patrimonio. Aprobada en pleno a proposta de EU.
- Plan de recuperación e potenciación dos muíños.
- Musealización de Adro Vello.
- Engadir a Torre de Escuredo ao patrimonio municipal mediante compra/intercambio xusto. Recuperación e potenciación do espazo.
- Recuperación e potenciación do patrimonio etnográfico do Grove.
- Estimular traballos de investigación sobre historia, toponimia, etnografía e léxicos do Grove.
- Promover e potenciar os encontros e regatas de dornas.
- Impulsar e promover campionatos de xogos tradicionais e populares.
- Impulsar unha ruta para dar a coñecer de forma local e turística todos os elementos patrimoniais do noso concello
- Compromiso firme e real na defensa e promoción da lingua galega.
- Potenciar e impulsar o uso da lingua galega con campañas efectivas.
- Promover o uso do galego dende a infancia, e impulsar a educación en galego.
- Crear un programa de axudas/subvencións a colectivos e asociacións que promovan e usen o galego na súas actividades, actuacións...
- Promover o programa “21 días en galego e+” nas escolas e institutos.
- Impulsar concursos en galego para cativas/os e mocidade.
- Promover autores e artistas locais e galegos que fomenten e divulguen o uso da nosa lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario