- Impulsar un Centro Municipal de información, acollida e asesoramento para LGTBIQA+. Este centro debería estar dotado con técnicos e membros das asociacións de LGTBIQA+, abarcar servizos de psicoloxía, xurídicos, sexoloxía, e realizar actividades de dinamización, difusión e teléfono de información, entre outros.
- Difusión do Rexistro Municipal de parellas de feito, cuxa existencia e funcións deben ser coñecidas por toda a poboación, ao que, ademais hai que facilitar o seu acceso e garantir a confidencialidade.
- Aprobar convenios colectivos en todas as empresas e organismos públicos municipais, así como en empresas contratadas, que garantan a extensión de todos os beneficios concedidos aos matrimonios ás parellas de feito, do mesmo ou distinto sexo (licenza por contraer matrimonio, permisos por paternidade/maternidade, etc.).
- Promover os acollementos civís. O acollemento a novos cidadáns é a cerimonia social que contribúe á visibilización das novas formas familiares e das diversas opcións persoais de establecer as relacións interpersoais.
- Incluír a perspectiva da orientación transexual nos plans integrais de emprego do concello, por sufrir graves problemas de desemprego.
- Elaboración dun plan contra a discriminación por razón de sexo ou orientación sexual nos centros educativos coordinados polas institucións locais e impartidos por entidades e colectivos LGTBIQA+ para desenvolver o coñecemento da diversidade sexual.
- Retirada ou denegación de calquera axuda ou subvención a aquelas entidades que, pola súa ideoloxía ou actividade, incorran en calquera manifestación de homofobia, lesbofobia ou transfobia.
- Promover campañas de información social que denuncien os comportamentos lesbofóbicos, homofóbicos e transfóbicos e promovan comportamentos e actitudes de respecto e igualdade.
- Inclusión, dentro das políticas de protección dos nenos, de medidas que permitan garantir a liberdade de expresión da sexualidade, co fin de evitar os problemas de inseguridade, baixa autoestima, depresión e outros problemas do rexeitamento dun ambiente familiar e social que rexeita a homosexualidade e a transexualidade.
- Nos casos de expulsión do fogar familiar por razóns de opción sexual, as administracións públicas municipais deberán facilitar á xuventude nesta situación, illada ou mancomunadamente, a axuda tanto emocional como material precisa: apoio psicolóxico, orientación xurídica, vivenda de acollida, becas de estudos, pensións de manutención e outras.
- Programa de mediación social e familiar fronte a actitudes de rexeitamento.
- Programas de formación específica para os traballadores do concello.
- Posta en marcha de servizos que faciliten apoio de todo tipo aos e ás veciñas do concello que sufriran discriminación por razóns de orientación sexual, pola súa transexualidade ou por exercer a prostitución.
- Adopción de acordos de non inclusión de ningún tipo de publicidade ou anuncio de comunicación en aqueles medios de comunicación que non respecten os dereitos de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais.
- Reivindicar ante o resto de administracións unha lei integral contra a LGTBIQA+fobia que penalice as discriminacións por orientación sexual ou identidade de xénero.
- Contribuír, nas competencias que lle son propias a este Concello, ao desenvolvemento e aplicación de todas as medidas previstas na lexislación vixente contra toda discriminación por orientación sexual, identidade de xénero e diversidade familiar, coa finalidade de erradicar da nosa sociedade calquera tipo de LGTBIQA+fobia no ámbito familiar, escolar, laboral, social e/ou político.
- Fomentar as condicións de posibilidade para o fortalecemento e o crecemento do asociacionismo LGTBIQA+ reivindicativo, entendendo a este como un protagonista clave na loita contra a homofobia, transfobia, bifobia e lesbofobia.
- Promover o coñecemento e o compromiso coa loita contra a LGTBIQA+fobia entre o persoal laboral da administración local, especialmente entre os corpos policiais, a través de campañas de sensibilización e cursos de formación desenvolvidos polos propios colectivos.
- Apoiar e difundir as convocatorias contra as agresións que realizan os colectivos LGTBIQA+ en todos os espazos que competen á administración local, especialmente nos lugares de lecer, educativos, asistenciais, administrativos e de transporte.
- Garantir atención integral a todas as persoas que sufriron discriminación ou que foron obxecto dun delito de odio, con especial atención aos colectivos máis vulnerables.
- Incluir ao colectivo LGTBIQA+ no Consello Local da Igualdade.
- Inclusión nas políticas municipais pola igualdade e contra a violencia machista dunha perspectiva de diversidade en torno á orientación sexual e a identidade ou expresión de xénero, que visibilice e aborde a realidade das persoas LGTBIQA+ e as súas problemáticas específicas, tendo especial atención ás específicas das mulleres LGT, así como unha visión propia nas situacións de violencia de xénero que poidan chegar a sufrir este tipo de mulleres.
- Inclusión nas políticas municipais de mocidade e de persoas maiores dunha perspectiva de diversidade en torno á orientación sexual e a identidade ou expresión de xénero, que visibilice e aborde a realidade das persoas LGTBIQA+ e as súas problemáticas e necesidades específicas nas distintas etapas da súa vida.
- Desenvolvemento de campañas públicas de ámbito municipal que contribúan a visibilizar a diversidade afectivo-sexual e de xénero e a sensibilizar á cidadanía contra a discriminación por motivos de orientación sexual e identidade ou expresión de xénero.
UN CONCELLO POLA DIVERSIDADE SEXUAL
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Peche de Campaña
Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...

-
Rodeados da militancia, simpatizantes e familiares, a agrupación local de Esquerda Unida presentou a candidatura coa que concorrerá ás ele...
-
Este venres 19 de maio, ás 20.00 horas, estaremos no local da AAVV de Virxe das Mareas para realizar unha charla-coloquio coa veciñanza da...
-
Este sábado 13 de maio, ás 20.00 horas, estaremos na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder para realizar unha charla-coloquio coa veciñanza ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario