UN CONCELLO SAUDABLE E QUE COIDA

SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE, BENESTAR

  • Atender á coordinación entre a área de acción social e as concellerías de educación, cultura, vivenda, urbanismo, emprego, consumo e facenda, con participación dos axentes sociais e asociacións.
  • Establecer un plan de axudas, especialmente no período de crise, que adianten e amplíen as concedidas pola Xunta, sempre baixo o control dos servizos sociais do Concello.
  • Esixir á Xunta a ampliación das axudas sociais (IMS, axudas de emerxencia,...) así como a posta en marcha da Lei de Servizos Sociais.
  • Apoiar a formación continua dos traballadores, así como a creación de postos de traballo que permitan un desenvolvemento dos proxectos con calidade e continuidade.
  • Mellorar o sistema de orientación e información ao cidadán, promovendo o coñecemento dos recursos sociais.
  • Xestionar a reserva dunha porcentaxe das entradas de eventos de pago (Auditorio e outros espazos), organizados polo Concello, para servizos sociais a prezos reducidos ou gratuítos en función da dificultade económica. 
  • Crear unha rede de colectores de recollida de roupa usada, de xestión municipal, para o reparto entre as organizacións benéficas da localidade.
  • Potenciar as iniciativas de carácter Social.
  • Recuperar o servizo de prevención da drogodependencia.
  • Apoio ás persoas con autonomía reducida.
  • Realizar unha xestión integrada dos servizos sociais a nivel superior, para obter unha maior información e poder ofrecer máis recursos á poboación.
  • Apoio ó desenvolvemento e integración comunitaria de persoas con dificultades especiais de incorporación social.
  • Promover a conciliación laboral-familiar de persoas con cargas familiares (menores, maiores, persoas enfermas, dependentes) mediante unha bolsa de emprego de persoal cualificado, cooperando con asociacións, sendo un bo emisor das normativas que favorecen a conciliación. O fin desta acción será evitar o empobrecemento económico dos fogares.
  • Establecer unha comunicación frecuente e aumentar a visibilidade dos centros sociais da localidade (pertencentes ás Redes de centros sociais).
  • Novo CENTRO DE SAÚDE. Poñer a disposición da Xunta de Galicia os terreos precisos para a construción deste inmoble e instar ao ente autonómico a destinar orzamentos e executar a obra co propósito de resolver os déficits de instalacións e servizos sanitarios no noso Concello.
  • Solicitar unha unidade de radioloxía para o Centro de Saúde actual namentres non se constrúa o novo.
  • Esixencia da cobertura permanente dos 7 médicos de Atención Primaria e das 2 prazas de Pediatría, así como do persoal do Punto de Atención Continuada (Urxencias).
  • Control da hixiene das dependencias municipais así como de lugares públicos de restauración, comercio, comerciante polo miúdo, mercados, hoteis, escolas, zonas de lecer e recreo,...
  • Desenvolvemento de actividades e programas de promoción da saúde: hábitos saudables en materia de alimentación, educación sexual, actividade física beneficiosa para a saúde, prevención de infeccións, prevención de enfermidades de transmisión sexual, dirixidas á poboación en particular e aos centros educativos en especial.
  • Plan municipal de drogas. Campañas de sensibilización sobre os prexuízos do consumo de drogas, alcohol e tabaco. Promover o consumo responsable.
  • Transparencia na xestión de listas de espera e demandar a súa redución.
  • Implantar mecanismos de protección dos máis débiles e dos máis enfermos.
  • Coordinar os servizos sociais e sanitarios entre si. Coordinar os servizos sanitarios con outras estruturas da saúde pública.
  • Mellorar a calidade da asistencia sanitaria.
  • Esixir a transparencia informativa das administracións sanitarias.
  • Promover a realización de charlas informativas sobre as enfermidades máis comúns e problemas de saúde prioritarios na localidade, para previr e mellorar a calidade de vida.
  • Mellorar o desenvolvemento da atención a colectivos específicos: pacientes crónicos, atención sociosanitaria, atención a domicilio, atención a persoas maiores…
  • Solicitar a redución do gasto farmacéutico dos cidadáns.
  • Demandar a solución de problemas relacionados cos dereitos e procesos.
  • Elaboración dun Plan Integral para o desenvolvemento da Lei de Dependencia no Grove.
  • Construción dun CENTRO DE DÍA para a atención a persoas dependentes.
  • Poñer en marcha o Consello Local dos Maiores.
  • Subvencionar viaxes culturais para os nosos maiores.
  • Elaborar un Censo municipal de persoas que viven soas e elaborar un Plan de Envellecemento Activo cos seguintes obxectivos:
    • Coñecer as necesidades das persoas maiores que viven soas na nosa vila. 
    • Ofrecer información de actividades lúdicas que poidan ser do seu interese.
    • Ofrecer alternativas de ocio.
    • Informar e solicitar o servizo de teleasistencia de forma gratuíta.
    • Fomentar as relacións persoais.
    • Crear unha rede de axuda e acompañamento na que poidan colaborar as veciñas e veciños que queiran participar.
  • Adherirse á rede de Cidades Amigables coas Persoas Maiores.
  • Adherirse ao proxecto “Ciudades que Cuidan”, co propósito de que O Grove se converta nunha Cidade Coidadora.
  • Poñer en valor ás mulleres e recoñecer a súa labor social no coidado de maiores e dependentes.
  • Afondar na mellora do programa de Vellos Tempos e valorar a necesidade de ofrecer a maiores unha quenda de mañá con opción a servizo de comedor.
  • Promover guías informativas sobre recursos para as familias.
  • Impulsar a dinamización demográfica.
  • Favorecer a participación e calidade de vida dos nenos e adolescentes en exclusión en actividades formativas e de tempo libre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Peche de Campaña

Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...