UN CONCELLO PARA RESIDIR

MANTEMENTO ESPAZOS PÚBLICOS, LIMPEZA, SEGURIDADE E ACCESIBILIDADE

  • Por en marcha un plan anual de asfaltado de rúas e estradas.
  • Plan de reparación da rede de abastecemento de augas e de saneamento.
  • Plan de mantemento dos espazos públicos.
  • Arranxo e mantemento continuos dos parques infantís, procurar a cobertura dos mesmos para a súa utilización en días de choiva e realizar un estudo sobre a accesibilidade e inclusividade dos parques infantís existentes no municipio e adoptar as medidas necesarias para mellorar estes aspectos.
  • Promover un plan de rehabilitación e mellora enerxética.
  • Arranxo e adecuación da explanada do Corgo, converténdoa nunha zona de recreo, lúdica e medioambiental.
  • Instalación de WC públicos nas zonas máis concorridas. 
  • Dotar todas as rúas de colectores.
  • Mellorar o servizo de recollida de lixo por barrios.
  • Limpeza frecuente da rede de sumidoiros.
  • Limpeza frecuente en todos os areais da localidade e realizar campañas de sensibilización coa limpeza.
  • Control da calidade das augas de consumo e vixilancia e control das augas residuais.
  • Control da contaminación atmosférica e vixilancia do nivel de ruídos e vibracións.
  • Velar pola conivencia entre o ocio nocturno e o descanso da veciñanza, facendo cumprir os horarios dos locais e control das rúas. 
  • Plan de mobilidade urbana sostible (PMUS), que mellore o tránsito no concello, sobre todo no casco urbano. Elaboración participativa coas achegas dos diferentes actores sociais (Servizos de seguridade, emerxencias, técnicos de mobilidade,...) e a cidadanía.
  • Promoción do modelo “cidade 15 minutos”, creando itinerarios peonís accesibles, cómodos e seguros que incentiven a marcha a pé en traxectos urbanos, que transcorran por todo o concello: centros de traballo, centro de saúde, lugares de estudo, e zonas de ocio; planificando a creación de novos equipamentos, en base a este modelo de cidade.
  • Posta en marcha dun servizo de transporte urbano que cubra o arredores do casco urbano e a zona do rural. 
  • Potenciar a mobilidade peonil e o uso dos medios non motorizados (bicicletas, patíns, patinetes...) coa implantación de rúas peonís, carrís bici...
  • Medidas de calmado do tráfico (implantación de pasos elevados, semáforos...)
  • Mellorar a seguridade dos peóns (elevar os pasos, colocar bolardos para evitar que aparquen coches,...)
  • Reordenación e delimitación dos aparcadoiros e habilitación de novas prazas de estacionamento libres e gratuítas. Procurar bolsas de aparcamento a través de alugueiro de fincas, solares e parcelas ou convenios de cesión cos propietarios das mesmas.
  • Poñer en funcionamento o servizo de guindastre municipal.
  • Control rigoroso do ruído producido polo tráfico, en especial polas motocicletas.
  • Regularización mediante ordenanza do uso dos patinetes eléctricos.
  • Continuar cos cursos de educación viaria nos centros educativos.
  • Promover charlas periódicas á veciñanza sobre seguridade viaria.
  • Recuperar o servizo 24 horas da Policía Local.
  • Dotar á Policía Local e Emerxencias do persoal, medios e recursos precisos.
  • Traballar cara un servizo coordinado da Policía Local e Emerxencias.
  • Crear unha mesa de Seguridade Cidadá na que participen Concello, Policía Local, Garda Civil, Emerxencias,... na que se analicen e busquen solucións a problemas de seguridade, se coordinen actuacións en eventos multitudinarios...
  • Crear un observatorio da accesibilidade e camiñar cara unha vila accesible 100% eliminando todas as barreiras arquitectónicas que aínda existen no concello.
  • Regularización das tarxetas de estacionamento de vehículos para persoas con mobilidade reducida e aumentar as prazas de estacionamento no Concello.
  • Garantir a accesibilidade a todos os edificios e instalacións públicas.
  • Crear e consolidar a área municipal de atención á Discapacidade.
  • Crear unha praia 100% adaptada en Peralto e camiñar cara instauralo en máis areais.
  • Impulsar a coordinación entre as diferentes áreas municipais que permita facilitar o acceso aos recursos e servizos en igualdade de condicións ás persoas con discapacidade. 
  • Desenvolver modelos de atención que favorezan o desempeño da vida autónoma e independente no entorno natural das persoas con discapacidade.
  • Concienciar e sensibilizar á poboación sobre as diferentes discapacidades difundindo unha imaxe positiva das mesmas, promovendo con iso un cambio de actitude e fomentando a percepción de diversidade e heteroxeneidade, así como un trato digno cara as diferentes situacións existentes. 
  • Desenvolver accións orientadas a favorecer a inclusión e participación das persoas con discapacidade.
  • Promover a solidariedade social e a participación cidadá co fin de incrementar a corresponsabilidade na atención a persoas con discapacidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Peche de Campaña

Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...