- Revisar eadaptar a Ordenanza Municipal de Protección e Pertenza de animais (2004) para camiñar cara un “Concello Amigo dos Animais”.
- Crear e manter un padrón de todos os animais domésticos, coa obriga de chipear aos animais que a lei determina.
- Crear zonas de espallamento e parques caninos/circuitos “agility” en diferentes barrios e dotar ás zonas máis concorridas de “saneacans”.
- Campañas de información e sensibilización para a recollida de excrementos dos animais de compaña.
- Promover as praias para cans e aumentar o número de areais.
- Traballar conxuntamente cos refuxios e protectoras locais/comarcais.
- Implantar o Protocolo CES (Captura, esterilización e solta) para problemas de pragas de gatos e pombas.
- Revitalización do proxecto PIO.
- Non programar, apoiar ou difundir espectáculos ou actividades que non garantan o benestar animal e/ou impliquen o uso de animais sobre os cales se produzan vexacións, sufrimento ou morte.
- Reforzarase o control e sanción por parte dos corpos e forzas de seguridade, ás situacións de maltrato, abandono e pertenza de animais en condicións indignas, facilitando dende o concello os recursos persoais, económicos, materiais e formativos necesarios.
- Actividades e campañas en prol da protección animal e do seu medio,en especial campañas antiabandono, contra o maltrato…
- Garantir a formación do persoal empregado público en protocolos de protección animal, especialmente dos corpos e forzas de seguridade ou profesionais que polas condicións do seu traballo poidan encontrarse na situación de interactuar con animais.
- Permitir o seguimento e supervisión da cidadanía e organizacións de protección animal, do cumprimento dos servizos en materia de protección animal e dos contratos destes, se existisen.
- Establecer nos protocolos de Emerxencias, mecanismos de evacuación ou rescate de animais en caso de emerxencias ou catástrofes naturais, como incendios, inundacións.
- Promover festas inclusivas incluíndo para iso fogos de artificio sen ruído para evitar o sufrimento de animais.
UN CONCELLO AMIGO DOS ANIMAIS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Peche de Campaña
Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...
-
Noticia no seu formato orixinal: Diario de Arousa José Antonio Otero | “Se Cacabelos precisa un goberno de coalición non o vamos a apoiar” ...
-
Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...
-
O noso Candidato participou no debate celebrado na emisora comarcal de Radio Arosa Cadena Ser Podes escoitalo pinchando aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario