UN CONCELLO PARTICIPATIVO, TRANSPARENTE E AVANZADO

PARTICIPACIÓN CIDADÁ, TRANSPARENCIA, COMUNICACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS.

  • Deseñar unha política de promoción da participación cidadá a nivel local, que promova o compromiso activo e os esforzos de toda a corporación.
  • Aprobar unha Carta dos Dereitos de Participación da cidadanía que incorpore a capacidade que teñen as nosas veciñas e veciños para acceder á información, reunión, asociación, petición, audiencia na tramitación de procedementos ou actuacións, iniciativa cidadá de accións ou actividades, presentar queixas ou reclamacións, intervir nas sesións públicas municipais, consulta popular, política municipal de fomento do asociacionismo, acceso e uso das tecnoloxías da información e comunicación.
  • Traballar cara uns orzamentos participativos e garantir que estes alcancen un 5% do total anual.
  • Desenvolver os Consellos Municipais de Participación.
  • Fomentar a creación/recuperación das asociacións veciñais nos diferentes barrios, poñendo dende o Concello os mecanismos precisos de axuda.
  • Impulsar a realización de asembleas, consultas e referendos locais sobre temas de importancia para a vila, como unha forma de participación directa da veciñanza.
  • Mellora do “Portal único cidadán” e potenciación do mesmo, como método de aforro de papel e de xestión entre a veciñanza e a administración, incluíndo ademais a posibilidade de pagos de impostos e multas.
  • Habilitar un Portelo Cidadán.
  • Xestionar, con eficacia e celeridade, todas as suxestións e reclamacións enviadas polos veciños.
  • Mellora na xestión de solicitudes de subvencións municipais, permitindo a xestión telemática e axilizando a presentación de documentación ao igual que sucede coas da Xunta e o Estado.
  • Mellora da coordinación interna entre departamentos e concellerías na xestión dos servizos.
  • Establecer mecanismos eficaces de coordinación administrativa con outras administracións públicas e ampliar os convenios existentes a outras administracións (Centros educativos, Universidades...).
  • Ampliación da rede wifi a máis centros e espazos públicos municipais facendo fincapé nas zonas do rural, sempre con garantía ambiental plena. Abrir as redes wifi ao uso veciñal.
  • Realizar un estudo do alcance da rede de alta velocidade co propósito de planificar e executar melloras na infraestrutura de comunicación para que a veciñanza conte cun servizo óptimo.
  • Implementar servizo de avisos á veciñanza a través do Télegram ou Whatsapp sobre as cuestións de importancia no Concello (actividades, convocatorias, obras, cortes de rúas, avarías…)
  • Avanzar no proxecto "Polos Turísticos" iniciado xunto con Sanxenxo e lograr a súa  ampliación.
  • Apoio aos medios de comunicación e difusión alternativos e ás emisoras de radio, publicacións, gacetas, xornais, fascíns,... creados por asociacións culturais, xuvenís, deportivas,...
  • Fomentar a creación dunha radio pública municipal.
  • Fomentar a solicitude previa para ser atendido polo Alcalde e/ou concelleiros e realizar un rexistro das visitas no que conste a persoa solicitante, hora de entrada e saída e tema tratado, en prol da transparencia.
  • Crear a carta de servizos, aprobada por unanimidade en Pleno a instancia de Esquerda Unida, co obxectivo de difundir os compromisos de calidade das prestacións que ofrecen os distintos departamentos municipais, así como establecer o marco no que se van a desenvolver, a súa avaliación e mellora, acorde co principio de servizo á cidadanía.
  • Habilitar un apartado de Transparencia na web municipal onde se recollan os salarios e patrimonios dos concelleiros, se publiquen as contas municipais, as licitacións, ofertas de emprego, contratacións, axudas, ...
  • Revisión e actualización de todas as ordenanzas municipais.
  • Mellorar a comunicación entre o concello e a veciñanza.
  • Crear un manual de identidade corporativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Peche de Campaña

Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...