SERVIZOS PÚBLICOS, EMPRESA PRIVADA, ESTADO, XUNTA, DEPUTACIÓN E MANCOMUNIDADE
- Compromiso público de non volver a licitar nin sacar a concurso servizos públicos que poidan ser prestados de forma directa.
- Definir unha estratexia que estude o custo da municipalización dos servizos públicos externalizados e prestados por empresas privadas: servizo de limpeza de instalacións municipais, servizo de axuda no fogar, pistas de pádel, mantemento de parques infantís,...
- Municipalización e xestión directa dos servizos públicos externalizados cuxo vencemento contractual se produza ou cuxa viabilidade económica o permita.
- Preparar procesos de consolidación interna do cadro de persoal de procesos de municipalización realizados, garantindo a máxima obxectividade e igualdade de oportunidades no proceso de acceso.
- Non contratar con ningunha empresa incluída no rexistro de empresas sancionadas en materia de Prevención de Riscos Laborais.
- Creación dunha Empresa Pública de Servizos.
- Radical oposición á privatización dos servizos públicos.
- Fomento e apoio ás fórmulas de participación da economía social ou asociacións de interese social, como son as do ámbito da discapacidade, na xestión de servizos.
- Fomentar e apoiar fórmulas de xestión a través de cooperativas.
- Explorar fórmulas de participación da cidadanía nos pregos de condicións dos contratos públicos municipais.
- Oposición ás concesións de servizos a longo prazo e de xestións que impidan o control da súa actividade por parte da Administración. Evitando deste modo as privatizacións encubertas.
- Procurar a creación de viveiros de empresas.
- Axilizar a expedición de licenzas empresariais.
- Control das contratacións directas.
- Inclusión de cláusulas sociais e ambientais nos pregos de condicións.
- Prestar especial atención ás cláusulas que rexen o contrato e ao Regulamento de Servizo, a fin de garantir a súa calidade e o control eficaz; así como incorporar ao contrato determinadas obrigacións respecto da contratación dos traballadores, os seus dereitos laborais, aplicación da lexislación vixente en materia de saúde laboral.
- Rexeitamento a contratación a través de Empresas de Traballo Temporal (ETT) e as concesións administrativas de empresas que os usen.
- Baremos con criterios de preferencia ás empresas con emprego fixo e de calidade.
- Reclamar a Portos de Galicia a desafección dos terreos do Corgo.
- Reclamar da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Mancomunidade o cambio da tubaxe de subministro de auga potable que transcorre pola Lanzada, trasladando a instalación desta por terra.
- Reclamar a Costas do Estado a transferencia dos terreos Confín.
- Realizar os trámites para desbloquear o expediente de desafectación dos Terreos de Rons para instar ao Consorcio a executar a ampliación da Escola Infantil “Galiña Azul”.
- Reclamar ao Ministerio de Defensa os terreos da Batería de San Vicente.
- Reclamar á Xunta de Galicia a reparación do firme da rúa Luís A. Mestre.
- Reclamar á Xunta de Galicia a construción dun novo Centro de Saúde.
- Reclamar da Deputación de Pontevedra a reparación da estrada de Meloxo, co propósito de substituír a tubaxe de subministro de auga.
- Reclamar á Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra o mantemento e limpeza continua das súas estradas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario