Rodeados da militancia, simpatizantes e familiares, a agrupación local de
Esquerda Unida presentou a candidatura coa que concorrerá ás eleccións
municipais do vindeiro 28 de maio. Susana Millán, Anxo Meis, Gonzalo Bea, Dan
Grigore e Xan Lamelas acompañan a José A. Otero, nos primeiros postos da lista.
Os esquerdistas incorporan moitas caras novas a unha candidatura que
conxuga veteranía e xuventude, experiencia, sabedoría e para traballar na
mellora da calidade de vida das veciñas e veciños.
A tapería Afuego acolleu este domingo a presentación da Candidatura de
Esquerda Unida O Grove ás eleccións municipais do 28 de maio. O acto serviu
tamén para que o grupo municipal de Esquerda Unida, formado por Ana Cristina
Domínguez e o propio candidato á alcaldía, presentasen a rendición de contas do
actual mandato. Un traballo de catro anos no que José Antonio Otero entende que
“demostramos ser a única oposición ao goberno de Cacabelos” e consideran que o
seu papel é notable “a pesar das trabas do goberno municipal, empeñado en
dificultar a nosa labor de fiscalización”. Otero indicou que o “actual mandato
non foi de maioría absoluta, senón absolutista, pois non contou coa oposición
nin coa veciñanza e traballou a golpe de imposicións”.
Os esquerdistas preséntanse a estas eleccións co propósito de cambiar a
dinámica do actual goberno, recuperar os servizos externalizados e mellorar os
servizos públicos, o mantemento das instalacións, dos espazos públicos,... en
definitiva, para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños do Grove.
Para iso, Otero presenta un equipo que mestura veteranía, con experiencia e
sabiduría, e xuventude, con moitas ganas de traballar.
Descargar Rendición de Contas en pdf
Coñece ás mulleres e homes que forman parte da candidatura
Esta é a lista de Esquerda Unida.
1.- JOSÉ ANTONIO OTERO GONZÁLEZ
2.- SUSANA MILLÁN PROL
3.- ANXO MEIS DOMÍNGUEZ
4.- GONZALO BEA MONTENEGRO
5.- ANA CRISTINA “DAN” GRIGORE
6.- JUAN LAMELAS ALFONSO
7.- YEZMINA GARCÍA LOIS
8.- JOSÉ ANTONIO VIEITES NÚÑEZ
9.- JÉSICA LOIS GARCÍA
10.- JUDIT TRIÑANES LOIS
11.- ALEJO PRIETO CANEDA
12.- ANA ISABEL VISO VÁZQUEZ
13.- RICARDO ÁLVAREZ OTERO
14.- MARÍA ISABEL MONTENEGRO FONTOIRA
15.- PATRICIA VILAR PÉREZ
16.- ALBERTO TRIÑANES FILGUEIRA
17.- ANA CRISTINA DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ
S1.- JOSÉ ANTONIO GONDAR TRIÑANES
S2.- ELVIRA VARELA GONDAR
S3.- JOSÉ ANTONIO TABOADA MAGDALENA
Ningún comentario:
Publicar un comentario