domingo, 30 de abril de 2023

Esquerda Unida presenta as mulleres e homes que procurarán un cambio de goberno no Grove

 

Rodeados da militancia, simpatizantes e familiares, a agrupación local de Esquerda Unida presentou a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. Susana Millán, Anxo Meis, Gonzalo Bea, Dan Grigore e Xan Lamelas acompañan a José A. Otero, nos primeiros postos da lista.

Os esquerdistas incorporan moitas caras novas a unha candidatura que conxuga veteranía e xuventude, experiencia, sabedoría e para traballar na mellora da calidade de vida das veciñas e veciños.

A tapería Afuego acolleu este domingo a presentación da Candidatura de Esquerda Unida O Grove ás eleccións municipais do 28 de maio. O acto serviu tamén para que o grupo municipal de Esquerda Unida, formado por Ana Cristina Domínguez e o propio candidato á alcaldía, presentasen a rendición de contas do actual mandato. Un traballo de catro anos no que José Antonio Otero entende que “demostramos ser a única oposición ao goberno de Cacabelos” e consideran que o seu papel é notable “a pesar das trabas do goberno municipal, empeñado en dificultar a nosa labor de fiscalización”. Otero indicou que o “actual mandato non foi de maioría absoluta, senón absolutista, pois non contou coa oposición nin coa veciñanza e traballou a golpe de imposicións”.

Os esquerdistas preséntanse a estas eleccións co propósito de cambiar a dinámica do actual goberno, recuperar os servizos externalizados e mellorar os servizos públicos, o mantemento das instalacións, dos espazos públicos,... en definitiva, para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños do Grove. Para iso, Otero presenta un equipo que mestura veteranía, con experiencia e sabiduría, e xuventude, con moitas ganas de traballar.

Descargar Rendición de Contas en pdf

Coñece ás mulleres e homes que forman parte da candidatura

Esta é a lista de Esquerda Unida.

1.- JOSÉ ANTONIO OTERO GONZÁLEZ

2.- SUSANA MILLÁN PROL

3.- ANXO MEIS DOMÍNGUEZ

4.- GONZALO BEA MONTENEGRO

5.- ANA CRISTINA “DAN” GRIGORE

6.- JUAN LAMELAS ALFONSO

7.- YEZMINA GARCÍA LOIS

8.- JOSÉ ANTONIO VIEITES NÚÑEZ

9.- JÉSICA LOIS GARCÍA

10.- JUDIT TRIÑANES LOIS

11.- ALEJO PRIETO CANEDA

12.- ANA ISABEL VISO VÁZQUEZ

13.- RICARDO ÁLVAREZ OTERO

14.- MARÍA ISABEL MONTENEGRO FONTOIRA

15.- PATRICIA VILAR PÉREZ

16.- ALBERTO TRIÑANES FILGUEIRA

17.- ANA CRISTINA DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ

S1.- JOSÉ ANTONIO GONDAR TRIÑANES

S2.- ELVIRA VARELA GONDAR

S3.- JOSÉ ANTONIO TABOADA MAGDALENA


Peche de Campaña

Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...