xoves, 25 de maio de 2023
Peche de Campaña
mércores, 24 de maio de 2023
Debate Radio Arosa
O noso Candidato participou no debate celebrado na emisora comarcal de Radio Arosa Cadena Ser
Podes escoitalo pinchando aquí
martes, 23 de maio de 2023
domingo, 21 de maio de 2023
venres, 19 de maio de 2023
Charla-Coloquio en Virxe das Mareas
luns, 15 de maio de 2023
Charla-Coloquio na Graña
Charla-Coloquio no Sineiro
Este luns 15 de maio, ás 20.00 horas, estaremos no local da AAVV do Sineiro para realizar unha charla-coloquio coa veciñanza da zona.
sábado, 13 de maio de 2023
Charla-Coloquio en San Vicente
mércores, 10 de maio de 2023
INICIO CAMPAÑA ELECTORAL
Esta noite, as mulleres e homes que forman a candidatura de Esquerda Unida, encabezada polo noso candidato, José Antonio Otero, estarán na praza do corgo para a tradicional pegada de carteis que da o pistoletazo de inicio da campaña electoral.
PEGADA DE CARTEIS INICIO CAMPAÑA.
DÍA: Noite do xoves ao venres.
HORARIO: 00.00 horas.
LUGAR: Praza do Corgo, ao carón do Xulgado.
Debate Canal Rias Baixas
O noso candidato José Antonio Otero González, participou no debate do programa Costrastes do Canal Rías Baixas, xunto co resto de candidatos á alcaldía do Grove.
Podes velo tamén no canal youtube de Canal Rias Baixas.
venres, 5 de maio de 2023
Entrevista ao noso candidato no Diario de Arousa
Noticia no seu formato orixinal: Diario de Arousa
José Antonio Otero | “Se Cacabelos precisa un goberno
de coalición non o vamos a apoiar”
![]() |
| José Antonio Otero |
5 DE MAYO DE
2023
José Antonio Otero (O Grove, 1980) presentarase, por segunda vez, como candidato de Esquerda Unida ás vindeiras eleccións municipais despois de máis de dúas décadas vinculado á formación.
Con que bazas se presenta Esquerda Unida ás vindeiras eleccións?
Co traballo
realizado nos últimos oito anos, e sobre todo coas ganas de cambiar as cousas.
Foron catro anos nos que fixemos unha oposición bastante boa coa pouca
información que se nos traslada dende o goberno, pero creo que fumos os únicos
que fixemos oposición. Estamos en disposición de poder gobernar, sabemos facer
ese papel e queremos dar xa o salto ao goberno. Sobre todo despois destes catro
anos nos que faltou participación e diálogo co pobo. Cremos que podemos facer
un cambio e dar máis participación á veciñanza que é a nosa baza. Participación
e transparencia sempre.
Cal é o modelo de vila que defende Esquerda Unida para O Grove?
Un modelo no
que os veciños poidan tomar decisións, que funcionen os servizos públicos e
municipais, o turismo e na que se poida traballar e na que se poida vivir. O
noso programa vai sobre un concello para vivir, un concello para crecer e un
concello para disfrutar. Que non haxa que marchar de O Grove para vivir. Agora
mesmo atopar vivenda resulta complicado porque estase chegando a un modelo de
piso turístico con prezos moi altos. Falta de médicos, de seguridade por non
ter Policía local de noite, falta de plazas na escola infantil... Hai que
mellorar os sevizos para a xente.
O PXOM segue sen estar aprobado, que cre que fallou esta vez?
Nós xa
alertábamos de que non se fixeran ben os trámites, entendo que a Xunta poida
poñer algunha traba pero creo que o Concello non fixo o suficiente para
evitalo. O alcalde dí que está en mans da Xunta pero en realidade estamos en
mans dos plazos. Restrasouse tanto que él mesmo chegou tarde ao proceso.
Sempre critican o “mandato autoritario” de Cacabelos e a falla de transparencia e acordos. Non houbo moito contacto coa oposición?
Ningún.
Sancando as ordenanzas de mercados e terrazas, que traballamos un pouco en
conxunto, nestes catro anos, cero. O goberno non da información e non busca o
consenso. Ten maioría pero eu creo que cantos máis apoios mellor. Debería
coller aportacións do que facemos. É complicado traballar con Cacabelos, vai tan
acelerado nas cousas que moitas veces nos enteramos no momento no que se van a
facer. Agora ven con proxectos de campaña porque ten clara a súa derrota en
canto a manter maioría. Está nervioso e nos últimos meses víase na súa forma de
responder nos Plenos, con esa prepotencia ronzando a burla, e xa facía máis
mitin.
Plantéxase posibles pactos de goberno?
O noso
obxectivo sempre é ir a gañar. As urnas empezan valeiras. Eu non me planteo os
pactos, o meu plantexamento ata o 28 de maio á medianoite é gañar, e a partir
de ahí despois tomaremos as decisións do que se faga. Se Cacabelos precisa un
goberno de coalición non o vamos a apoiar porque creo que non se pode gobernar
con él, pero tampouco co PP. Outra cousa é si van a gobernar eles con nós. Nós
non somos os que temos que ir petar ás portas a non ser que gañemos as
eleccións, e eu conto con ter que ir o día 29 a chamar ao resto, pero todo se
verá.
Que sensaciós lle trasladan os veciños?
Os votantes do
PSOE están defraudados coa maioría de Cacabelos. Hai un descontento xeral co
traballo realizado polo PSOE, e sobre todo polas formas, a prepotencia e o
carácter do alcalde, diferente ao dos catro anos anteriores no que había máis
diálogo.
Cal sería a primeira medida que tomaría Esquerda Unida se chega á Alcaldía?
O primeiro sería mirar como están as contas realmente porque non me creo moito o que Cacabelos anuncia, e poñer a disposición da veciñanza onde se gastaron os cartos para que a xente sepa, porque creo que se fixo moito gasto absurdo. Despois temos que traballar para a recuperación dos servizos externalizados e poñer en funcionamento os servicios básicos municipais, como o de limpeza municipal, o SAF, o das pistas de pádel e limpezas de xardíns. Ademáis sempre quixemos a creación dunha empresa pública de servizos que sería a solución á falta de traballadores municipais e acabar a RPT. É moi fácil anunciar cousas. O centro de día é esencial e temos que traballar para que se faga, pero tamén creemos viable a creación de vivenda pública, e estamos vendo a construcción dun novo pabellón para o colexio de Conmeniño e os veciños, porque o actual fai augas. Pero realmente creemos que non é o momento de anunciar, o que si podemos prometer é que vamos a intentar o mantemento e arranxo das instalacións actuais e dotalas de persoal, porque é o básico.
|
Julio
Anguita, “unha persoa íntegra” |
|
O candidato
elixe como persoeiro destacable a Julio Anguita, coordinador xeral de
Izquierda Unida “un referente para mín”. Os seus discursos están de
actualidade hoxe en día, e a súa base é aplicar o programa. Gústame a súa
forma de pensar e actuar” “Nunca tivo interese persoal na política e o
demostrou renunciando á súa pensión vitalicia como ex parlamentario. Eu non
estou aquí para beneficiarme, o que quero é axudar. Esa é a miña premisa. Vou
intentar facer todo o posible para axudarte”. |
domingo, 30 de abril de 2023
Esquerda Unida presenta as mulleres e homes que procurarán un cambio de goberno no Grove
Rodeados da militancia, simpatizantes e familiares, a agrupación local de
Esquerda Unida presentou a candidatura coa que concorrerá ás eleccións
municipais do vindeiro 28 de maio. Susana Millán, Anxo Meis, Gonzalo Bea, Dan
Grigore e Xan Lamelas acompañan a José A. Otero, nos primeiros postos da lista.
Os esquerdistas incorporan moitas caras novas a unha candidatura que
conxuga veteranía e xuventude, experiencia, sabedoría e para traballar na
mellora da calidade de vida das veciñas e veciños.
A tapería Afuego acolleu este domingo a presentación da Candidatura de
Esquerda Unida O Grove ás eleccións municipais do 28 de maio. O acto serviu
tamén para que o grupo municipal de Esquerda Unida, formado por Ana Cristina
Domínguez e o propio candidato á alcaldía, presentasen a rendición de contas do
actual mandato. Un traballo de catro anos no que José Antonio Otero entende que
“demostramos ser a única oposición ao goberno de Cacabelos” e consideran que o
seu papel é notable “a pesar das trabas do goberno municipal, empeñado en
dificultar a nosa labor de fiscalización”. Otero indicou que o “actual mandato
non foi de maioría absoluta, senón absolutista, pois non contou coa oposición
nin coa veciñanza e traballou a golpe de imposicións”.
Os esquerdistas preséntanse a estas eleccións co propósito de cambiar a
dinámica do actual goberno, recuperar os servizos externalizados e mellorar os
servizos públicos, o mantemento das instalacións, dos espazos públicos,... en
definitiva, para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños do Grove.
Para iso, Otero presenta un equipo que mestura veteranía, con experiencia e
sabiduría, e xuventude, con moitas ganas de traballar.
Descargar Rendición de Contas en pdf
Coñece ás mulleres e homes que forman parte da candidatura
Esta é a lista de Esquerda Unida.
1.- JOSÉ ANTONIO OTERO GONZÁLEZ
2.- SUSANA MILLÁN PROL
3.- ANXO MEIS DOMÍNGUEZ
4.- GONZALO BEA MONTENEGRO
5.- ANA CRISTINA “DAN” GRIGORE
6.- JUAN LAMELAS ALFONSO
7.- YEZMINA GARCÍA LOIS
8.- JOSÉ ANTONIO VIEITES NÚÑEZ
9.- JÉSICA LOIS GARCÍA
10.- JUDIT TRIÑANES LOIS
11.- ALEJO PRIETO CANEDA
12.- ANA ISABEL VISO VÁZQUEZ
13.- RICARDO ÁLVAREZ OTERO
14.- MARÍA ISABEL MONTENEGRO FONTOIRA
15.- PATRICIA VILAR PÉREZ
16.- ALBERTO TRIÑANES FILGUEIRA
17.- ANA CRISTINA DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ
S1.- JOSÉ ANTONIO GONDAR TRIÑANES
S2.- ELVIRA VARELA GONDAR
S3.- JOSÉ ANTONIO TABOADA MAGDALENA
Peche de Campaña
Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...
-
Este venres, a partir das 9 da noite, temos a festa fin de campaña no pub Underground. Estaremos acompañados pola música de DJow. Estades t...
-
O noso Candidato participou no debate celebrado na emisora comarcal de Radio Arosa Cadena Ser Podes escoitalo pinchando aquí









